O Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais realiza o deseño conceptual dunha base humana en Marte

DUVI | A chegada do ser humano a Marte é un dos retos máis ambiciosos das distintas axencias espaciais. A Nasa ten como obxectivo mandar astronautas ao coñecido como planeta vermello a finais da década dos 30 ou principios dos 40 deste século (2030/2040). Tendo en conta  estas estimacións, o Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais da Universidade de Vigo vén de realizar o deseño conceptual dunha base humana en Marte e de estudar o seu comportamento térmico.