O Grupo de Tecnoloxías da Información de atlanTTic gaña un desafío internacional sobre redes 5G

O concurso celebrouse dentro das actividades do Edge Computing World celebrado en liña desde San Francisco

DUVI | O Grupo de Tecnoloxías da Información, adscrito ao centro de investigación atlanTTic da Universidade de Vigo, acaba de facerse cun novo galardón internacional, neste caso o primeiro premio do ETSI MEC Hackaton, un certame promovido anualmente polo Instituto Europeo de Normas de Telecomunicación  -European Telecommunications Standards Institute- e que se enmarca dentro do congreso internacional Edge Computing World, celebrado en liña desde San Francisco. Fíxoo cun traballo desenvolto en colaboración coa empresa Optare Solutions sobre softwarización das redes e as redes 5G.