O humor enche o Vitruvia Café nunha sesión cargada de ‘gargalladas científicas’

DUVI | O Vitruvia Café de Vigo quedou pequeno na tarde deste xoves para acoller a todos os asistentes a unha xornada na que a ciencia e o humor amosaron a súa sintonía e capacidade para enganchar o público. Máis de 70 persoas asistiron á sesión final do concurso Gargallada Científica, un encontro no que a risa e a curiosidade científica foron da man. A vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Mónica Valderrama Santomé, exerceu de mestra de cerimonias dun espectáculo que mantivo o público entre risas.