O investigador do CIM Carlos García de Leaniz constata que ‘as inundacións de Valencia non se deberon á eliminación de presas’

DUVI | As inundacións xeradas pola dina do 29 de outubro no leste de España, ademais da tráxica perda de vidas e dos danos materiais, provocaron numerosas polémicas e controversias nos medios de comunicación e, sobre todo, nas redes sociais. A ciencia foi sufocando estas loiadas con respostas baseadas no coñecemento. Unha destas teorías difundidas nos días posteriores á traxedia suxería que a eliminación de presas agravou o desastre e, para soster esta afirmación, usuarios en redes sociais apoiábanse nun mapa que, segundo eles, amosaba o impacto da supresión destas presas. Agora, unha análise realizada polo investigador do Centro de Investigacións Mariñas da UVigo, CIM-UVigo Carlos García de Leaniz e publicada na sección Readers Response da revista Nature, desmonta estas afirmacións.