O laboratorio BlueBioLab situará á eurorrexión na vangarda da biotecnoloxía mariña

Bluebiolab

DUVI | Hai un ano botaba a andar o proxecto BlueBioLab, liderado polo Campus do Mar, cuxa principal finalidade era a creación dun Laboratorio Transfronteirizo de Biotecnoloxía Mariña. Este obxectivo está xa cumprido e hoxe martes presentouse en sociedade o laboratorio, que nace como unha posta en común das infraestruturas existentes en Galicia e o norte de Portugal.

O edificio Miralles acolleu o acto de presentación, no que se amosaron as capacidades do laboratorio da man dos representantes das institucións que forman parte do consorcio. O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda e o reitor da Universidade, Manuel Reigosa, foron os encargados de presentar en sociedade esta proposta que trata de dotar á eurorrexión dunha rede de excelencia no eido da biotecnoloxía mariña. O proxecto, que forma parte do programa Interreg V A España-Portugal (Poctep) 2014-2020 cun orzamento de 1.122.152,79€, financiados ao 75% con fondos Feder, ten como liñas de investigación prioritarias…