DUVI | Que papel poden xogar as universidades no fomento do pensamento crítico respecto das consecuencias ambientais e sociais dun modelo económico baseado no crecemento? Esta pregunta constitúe o punto de partida do debate que o vindeiro luns 26 promove no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra o Post-Growth Innovation Lab e no que intervirá o economista e ministro de Consumo, Alberto Garzón.
Os límites do crecemento e o papel da universidade na transición ecolóxica é o título do coloquio que Garzón compartirá co director do Post-Growth Innovation Lab, Mario Pansera, e a directora científica do centro de investigación interuniversitario Ecobas, María Loureiro. Programado para ás 11.00 horas e aberto o público, o coloquio será coordinado polo investigador posdoutoral do Post-Growth Innovation Lab David Soto Oñate e contará tamén coa intervención do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa.