Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a Universidade de Vigo uniuse á Iniciativa 11 de febrero, coa que se pretende encher as axendas de actividades que conmemoren ese día, que axuden a visibilizar o traballo das científicas, a crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía e que promovan prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico-tecnolóxico.
Deste xeito, desde a Unidade de Cultura Científica e da Innovación animamos ao persoal investigador a ofrecer charlas divulgativas en centros educativos de toda Galicia ao longo de todo o mes de febreiro.
Concretamente, foron un total de 32 investigadoras e un investigador os que ofreceron a 34 centros educativos da nosa comunidade 70 charlas virtuais sobre o seu traballo e sobre o papel da muller na ciencia e na tecnoloxía.
Unha oportunidade única tanto para as rapazas e rapaces como para as investigadoras e investigadores que puideron compartir as súas experiencias, contar o que fan no seu día a día e motivar ao alumnado a seguir o camiño da ciencia e a tecnoloxía como elas e eles fixeron.