DUVI | A principios de 2022, púxose en marcha, coa participación dun grupo multidisciplinar de persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, o proxecto europeo Worldplaces. Workplaces working for women’s integration. O seu obxectivo é fomentar a integración laboral das mulleres migrantes a través da creación de redes. Froito do seu traballo, vén de lanzarse Thinklusion, un portal que proporciona a profesionais da intervención socioeducativa e a persoas interesadas información, ferramentas e exemplos para facilitar a inclusión de colectivos vulnerables.