DUVI | Este luns, a illa de Ons acolleu a visita de Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, e Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, co gallo da conmemoración do 20 aniversario do recoñecemento do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, do que forma parte esta illa. Durante a visita, os responsables institucionais tiveron a oportunidade de coñecer o xacemento arqueolóxico no que traballa neste enclave o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo de man de Adolfo Fernández, director do proxecto.