O profesor Alberto Pena participa na elaboración da primeira historia do xornalismo portugués

O profesor Alberto Pena participa na elaboración da primeira historia do xornalismo portugués

DUVI | Elaborar a primeira historia do xornalismo portugués. Ese é o obxectivo de Para uma história do jornalismo em Portugal, un proxecto de investigación financiado pola Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía (FCT) do Goberno luso que, baixo a coordinación da Universidade Nova de Lisboa, reúne no seu equipo de investigador 22 especialistas de oito institucións académicas portuguesas, aos que se suma o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da UVigo Alberto Pena, o único estranxeiro que forma parte do equipo de traballo dun proxecto que se pechará neste 2022 deixando como balance a publicación, entre outros, dunha decena de libros en formato dixital que afondan en múltiples aspectos da historia do xornalismo en Portugal e en portugués, poñendo o foco en diferentes medios de comunicación e etapas históricas.