DUVI | O número de estudantes que optan por unha formación en tecnoloxía decrece cada ano, e no caso das mozas os datos agudízanse. Mentres o 54,8% do total do alumnado do sistema universitario español son mulleres, a súa presenza nas titulacións técnicas como enxeñarías e arquitectura é só do 25%, unha cifra que nalgunhas titulación incluso se reduce ao 8%. Estes datos constatan a necesidade de adoptar medidas que fomenten a presenza de mulleres nas disciplinas coñecidas como STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths). Nesta liña, a Universidade de Vigo puxo en marcha en 2018 o programa InspiraSTEAM, do que este mércores se presentou a terceira edición na que colabora a Deputación de Pontevedra.