DUVI | Este ano 2021 celébrase unha década do proxecto arqueolóxico de Armea, nado en 2011 no marco da colaboración entre o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo (GEAAT) e o Concello de Allariz, onde se sitúa o xacemento. Co gallo deste aniversario, desenvolverase un amplo abano de actividades que, seguindo a mesma filosofía da iniciativa, “buscan a interacción cos diferentes sectores da contorna e así achegar o proxecto á cidadanía”. Este venres presentouse a primeira das súas accións, a exposición Armea, a visión dos artistas locais.
O proxecto arqueolóxico de Armea cumpre unha década
