O proxecto Biofast, que desenvolve un biomaterial para rexeneración ósea, obtén un dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia

O grupo de investigación en Novos Materiais, que forma parte de Cintecx

DUVI | O grupo de investigación en Novos Materiais da Universidade de Vigo, liderado polo catedrático Pío González, acada un novo recoñecemento á súa traxectoria científica ao obter un dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2021, que outorga a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia. O seu proxecto Biofast, que ten como obxectivo xerar un biomaterial para rexeneración ósea, foi galardoado na categoría Fernando Calvet Prats a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía dun grupo de investigación.