O proxecto Caminito de UVigo SpaceLab gaña o certame europeo do Copernicus Masters da Axencia Espacial Europea

Pablo Chedas recollendo o premio europeo Copernicus

DUVI | A Axencia Espacial Europea (ESA) outorgou ao proxecto Caminito, CAMera based INfraestructure Integrity Tracking from Orbit, desenvolvido polos e polas integrantes do equipo UVigo SpaceLab, o premio europeo Copernicus Masters na categoría de infraestruturas. O galardón, que se fixo público nun acto celebrado en formato virtual, está dotado cunha contía económica de 10.000 euros e outros 10.000 euros en imaxes satelitais e datos da constelación Copernicus, que permitirán aos creadores de Caminito poñer a proba e desenvolver a súa iniciativa, e mesmo novas ideas. “Para nós é un recoñecemento ao noso traballo, ademais de que todo este tipo de iniciativas e concursos poñen en valor o papel que ten o espazo, tanto no día a día dun cidadán de a pé, como para as persoas que nos dedicamos desde os nosos estudos a beneficiar e xerar estes coñecementos, solucionando así problemas”, recoñece Manuel Diz, director executivo responsable de xestión de proxectos do equipo UVigo SpaceLab, integrado por máis dunha trintena de estudantes do campus de Vigo e Ourense.

Seguir lendo no DUVI