O proxecto EBB presenta as súas propostas para a xestión unificada dos principais biobancos mariños de Europa

Daniel Rey, Fiz da Costa e Jesús Souza Troncoso

DUVI | As coleccións de cultivos e os biobancos de recursos biolóxicos mariños son ferramentas poderosas para a preservación da biodiversidade mariña e o uso sostible dos recursos dos océanos. Pero para que o seu funcionamento sexa máis sinxelo e fluído é necesaria unha coordinación transnacional, que é o obxectivo principal do proxecto European Blue Biobank (EBB), liderado polo Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo e enmarcado na Infraestrutura Europea á que pertence, EMBRC (European Marine Biological Resource Centre).