DUVI | A Universidade de Vigo e o centro de investigación atlanTTic son dous dos socios do proxecto EDIH DATAlife, o único Hub de Innovación Dixital galego que recibe apoio económico da Comisión Europea. Unha vez acadado este selo de excelencia, o proxecto botou a andar a comezos deste ano cunha duración de tres anos e un orzamento total de case 5,5 millóns de euros, dos cales o 50% serán cofinanciados pola CE e, o resto, polo Ministerio de Industria, Comercio y Turismo.