DUVI | O European Marine Biological Resource Centre (EMBRC) é unha infraestrutura de investigación continental que naceu en 2013 para coordinar e harmonizar o acceso aos recursos biolóxicos e ecosistemas mariños de Europa. Comprende 45 estacións mariñas distribuídas por nove países, entre elas a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, pertencente ao CIM-UVigo. O centro vigués conforma, xunto coa Estación Mariña de Plentzia (PiE), dependente da Universidade do País Vasco, o nodo español de EMBRC. Coa vista posta en fortalecer e ampliar esta plataforma estatal, en 2018 botou a andar o proxecto EMBRedES, Red para la coordinación y posicionamiento estratégico del Nodo Español del European Marine Biological Resouce Centre (EMBRC-ERIC), con financiamento estatal dentro da convocatoria Redes de Excelencia.