DUVI | A descrición xeral do proxecto, así como dos pilotos que o integran e das contribucións dos socios, centraron as tres xornadas de traballo que celebraron as e os representantes das organizacións e institucións de investigación europeas que integran o proxecto internacional rurAllure. Liderado pola Universidade de Vigo e cun financiamento de 3 millóns de euros procedentes do programa H2020 da Comisión Europea, rurAllure ten como obxectivo da divulgación do patrimonio cultural que rodea ás grandes vías de peregrinación de Europa, ampliando as experiencias dos peregrinos que discorren polas grandes vías europeas, achegándolles a oferta cultural das áreas rurais próximas, a través de ferramentas tecnolóxicas e estratexias de innovación. Na xuntanza de traballo, que se celebrou de xeito virtual, e coa que se inaugurou oficialmente o arranque do proxecto, o representante da Axencia Executiva de Investigación da Comisión Europea, Hinano Spreafico, destacou a importancia da cooperación e a innovación no sector do patrimonio e o turismo.
O proxecto europeo de divulgación do patrimonio cultural rurAllure bota a andar
