DUVI | Nos últimos anos desenvolvéronse multitude de proxectos de investigación centrados en avaliar a presenza no medio mariño de plásticos e microplásticos e o impacto que xeran dende un punto de vista ambiental. Pero o 80% desas partículas que están nos mares e océanos do planeta teñen unha orixe terrestre, motivo polo que resulta imprescindible unha abordaxe ampla e multidisciplinar do problema, que é a que propón o proxecto LabPlas, seleccionado na convocatoria europea H2020 e coordinado pola Universidade de Vigo.
O proxecto europeo LabPlas, liderado pola UVigo, rastrexará a procedencia do plástico presente no medio ambiente
