O proxecto Facendo 4.0 para deseñar un sector da automoción máis flexible, sostible e conectado remata tras investir 22,3 m€

DUVI | Tras case tres anos de traballo, un investimento de 22,3 millóns de euros, 400 persoas implicadas e 800.000 horas de investigación, o proxecto Facendo 4.0 (Competitividade Industrial e Electromobilidade a través da Innovación e a Transformación Dixital) chega ao seu fin. A iniciativa, liderada por Stellantis en colaboración coa Universidade de Vigo, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, Gradiant e Aimen, buscaba deseñar o sector da automoción do futuro a través dunha planta máis flexible, sostible e conectada.