DUVI | Un total de 13 entidades españolas, francesas e portuguesas relacionadas co sector do viño veñen de xuntar as súas forzas para “reducir de maneira significativa o uso de cobre en viticultura, así como o seu impacto medioambiental”. É a través do proxecto de I+D+i Coppereplace, liderado pola Plataforma Tecnolóxica do Viño e do que a Universidade de Vigo é un dos seus socios. Dotado polo Programa Interreg Sudoe cun financiamento superior ao millón de euros, desde o proxecto destacan que se trata dunha “innovadora iniciativa que pon a ollada en Europa para ofrecer solucións integradas, sostibles e aliñadas con métodos de produción respectuosos co medio ambiente”.