O proxecto NOVA TFE premiará 12 iniciativas innovadoras relacionadas con tecnoloxías facilitadoras esenciais

NOVA TFE

DUVI | Apoiar o desenvolvemento de 12 proxectos de emprendemento, innovadores, baseados en coñecemento científico-técnico e que contribúan a cubrir  unha  necesidade  a  través  da  utilización  de  tecnoloxías  facilitadoras esenciais. Con este obxectivo, o proxecto NOVA TFE (Novas Oportunidades de Negocio para Pemes Baseadas en Tecnoloxías Facilitadoras), ten aberto ata o 16 de xuño un concurso de ideas.

En NOVA TFE participa un equipo multidisciplinar da Universidade de Vigo formado por investigadoras e investigadores da Escola Superior de Enxeñaría Informática, das facultades de Dereito e Ciencias Empresariais e Turismo e da Escola de Enxeñaría Industrial. Ademais da institución académica, son socios do proxecto a Mancomunidade de O Salnés (líder da iniciativa), o Concello e a Deputación de Ourense, a Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia e a Câmara Municipal de Valença (Portugal). O orzamento total deste proxecto de cooperación transfronteiriza Interreg Poctep alcanza os 811.200 euros, contando con 762.874,50 euros de financiamento Feder, dos fondos europeos de desenvolvemento rexional. O seu obxectivo é apostar por novos modelos de negocio arredor das tecnoloxías facilitadoras esenciais, especialmente as vinculadas á fabricación avanzada (fabricación aditiva e fábrica 4.0) e TICs (fábrica 4.0, Internet das cousas e cidades intelixentes).

Seguir lendo no DUVI