O proxecto Surviwec mellorará a supervivencia dos dispositivos captadores de enerxía das ondas do mar

DUVI | Membros do Grupo Environmental Physics Laboratory (EPhysLab-Centro de Investigación Mariña) da Universidades de Vigo lideran un proxecto con financiamento estatal e participación internacional chamado Surviwec. Nel desenvolven unha ferramenta numérica, un software, para estudar e mellorar a supervivencia de dispositivos captadores de enerxía das ondas do mar.