DUVI | A Universidade de Vigo e Copasa, Sociedad Anónima de Obras y Servicios, están a desenvolver o proxecto Railway Inspection and Information Model (RIIM). Nel, traballan na mellora das operacións de inspección e mantemento da superestrutura de vías férreas empregando sistemas ópticos de última xeración e algoritmos para o tratamento automático de información xeoespacial. Cando se cumpre un ano da súa posta en marcha, as e os investigadores están validando nunha vía de proba instalada no campus e en vías dunha base de mantemento de O Irixo os avances feitos no sistema que están a desenvolver.