DUVI | Ata finais deste mes de xullo, o xacemento paleolítico de As Gándaras de Budiño (O Porriño) acolle unha nova campaña de escavacións arqueolóxicas a cargo dun equipo liderado por Eduardo Méndez-Quintas, profesor e investigador do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo, e por Manuel Santonja, do Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana (CENIEH). A campaña retoma os traballos de investigación no que é, tal e como destacan os responsables do proxecto, “historicamente o xacemento paleolítico máis importante de Galicia”.