O xerador Eólice permitirá simular a pequena escala o comportamento das ondas do mar

Xerador Eólice

DUVI | O grupo Ephyslab, Environmental Physics Laboratory (CIM-UVigo), desenvolve desde hai máis dunha década unha dilatada traxectoria investigadora en eidos como a oceanografía e a enxeñaría costeira e a dinámica de fluídos. Os seus estudos realízanse fundamentalmente a través da simulación computacional e numérica. Co obxectivo de facer máis visible este traballo para o público e de contribuír á divulgación e aprendizaxe no seu eido de especialización, o equipo vén de dotarse dun xerador de ondas a pequena escala.