Ons, unha illa cunha importante industria de salgadura de peixe e de elaboración de púrpura en época romana

Illa de Ons

DUVI | Durante o ano 2021, o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo levou a cabo en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, dúas intervencións arqueolóxicas na illa de Ons co obxectivo de coñecer mellor a historia desta illa. Este mércores presentáronse nela os resultados dos traballos realizados, destacando como “agora sabemos con total seguridade que a illa estaba habitada desde finais do século I antes de Cristo e que nela floreceu unha importante industria de salgadura de peixe e de elaboración de púrpura, aproveitando as excepcionais características da súa contorna”.