DUVI | Coñecer que valores asocian os mozos e mozas á práctica deportiva constituía o obxectivo principal da tese de doutoramento de Xesús Pena, que deseñou para esta investigación un cuestionario de valores deportivos ou olímpicos, validado cunha mostra de 1316 estudantes galegos de entre 12 e 18 anos. Esta análise permitiulle constatar como as e os adolescentes asocian polo xeral a práctica deportiva a “calidades eminentemente positivas” como a diversión, o esforzo, o xogo limpo, a amizade ou o respecto. Mais, ao mesmo tempo, tamén detectou algúns “síntomas de alerta”, como o feito de que o fútbol, o deporte máis practicado pola poboación obxecto de estudo, mostrase “os peores resultados” nesta análise, ao outorgarlle aqueles que o practican un maior valor a aqueles valores “asociados coa competitividade”, como triunfar ou ser o mellor.
Os adolescentes que practican fútbol asocian valores máis negativos ao deporte que os doutras disciplinas
