Os estereotipos de xénero poden ter un “impacto profundo” na forma na que o alumnado universitario se comunica nas redes sociais

DUVI | Un estudo levado a cabo o pasado ano no marco da Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-UVigo permitiu coñecer que o 58% do alumnado da UVigo experimentou situacións de acoso a través da rede social Instagram, que só o 17% denunciara. Esta situación de “normalización das violencias dixitais” levou aos responsables daquel traballo, o profesor da Facultade de Comunicación Xabier Martínez Rolán e a investigadora da Universidade da Coruña (UDC) Teresa Piñeiro, a continuar esta análise nun novo proxecto financiado por esta cátedra, promovida pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo.