Os partos en auga non están asociados a un aumento significativo de resultados adversos para a nai ou o bebé

Susana Iglesias

DUVI | “Nos embarazos de baixo risco, a inmersión en auga quente durante a dilatación considérase unha opción eficaz como método de alivio de dor, apoiada por abundantes estudos de boa calidade. En cambio, o nacemento en auga conta con menos evidencia científica e discútese a súa seguridade”. Na súa tese de doutoramento, a enfermeira especialista en obstetricia e xinecoloxía Susana Iglesias decidiu afondar nesta cuestión levando a cabo un estudo observacional de 1191 nacementos. Nel concluíu que “os partos en auga non están asociados a un aumento significativo de resultados adversos nin para a nai nin para o neonato”.