Os Premios do Campus Auga distinguen o talento das e dos investigadores da UVigo no eido dos recursos hídricos

Foto de familia do acto

DUVI | O campus de Ourense celebrou este venres o acto de entrega dos IV Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga, convocados anualmente pola Vicerreitoría do Campus de Ourense e financiados por Viaqua. Nesta ocasión, son seis os traballos gañadores realizados por persoal docente e investigador e alumnado da Universidade de Vigo: unha tese de doutoramento, dous traballos fin de grao, dous artigos de investigación e unha publicación divulgativa centrados nos recursos hídricos desde diferentes perspectivas.