Os socios do proxecto G-Bike analizan en Vigo o papel da hibridación sobre a biodiversidade, a conservación e os ecosistemas

DUVI | Investigadores de 18 países participan entre hoxe martes e mañá mércores no campus de Vigo nun workshop sobre o papel da hibridación na natureza. Esta xuntanza enmárcase dentro do proxecto G-Bike, unha rede internacional composta por máis de 120 investigadores de 42 países, que ten como obxectivo avanzar no coñecemento e no desenvolvemento de métodos e ferramentas para avaliar, monitorizar e xestionar a diversidade xenética coa finalidade de preservar a resiliencia e o potencial adaptativo das especies, tanto en poboacións naturais como naquelas que están en catividade.