DUVI | Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a filosofía que impulsa Gargallada Científica, o concurso de monólogos científicos da Universidade de Vigo, iniciativa que que acaba de coroar a Patricia González Cabaleiro, investigadora predoutoral no grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas, GeoTech, do Cintecx, Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, da UVigo, como gañadora da súa primeira edición coa proposta Podería dicir que son.
