DUVI | Ansiedade, depresión ou estrés postraumático son algunhas das patoloxías ás que poden ter que enfrontarse as vítimas de violencia machista e fronte as que, ademais do tratamento farmacolóxico e psicolóxico, tamén pode ser de apoio a fisioterapia. Avaliar os efectos dunha intervención baseada en exercicio terapéutico no benestar psicolóxico dun grupo de vítimas é o obxectivo do estudo que leva a cabo o grupo de investigación en Fisioterapia Clínica (FS1), co financiamento da Deputación de Pontevedra, no marco dun programa de axudas para o desenvolvemento de iniciativas investigadoras.