PictoXacobeo, a app que fai máis accesible o Camiño de Santiago

Esta aplicación foi financiada pola Axencia de Turismo da Xunta de galicia dentro do programa O Teu Xacobeo

DUVI | Buscaban unha solución tecnolóxica capaz de mellorar a accesibilidade do Camiño de Santiago e o resultado é PictoXacobeo, unha aplicación para Android deseñada especificamente para facilitar a interacción dos peregrinos do Camiño de Santiago con necesidades comunicativas especiais (trastornos da fala, comprensión lectora e escritora, dificultades da linguaxe, etc.). Falamos do Grupo de Tecnoloxías da Información de atlanTTic -o centro de investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo-, un equipo cunha longa traxectoria no desenvolvemento de solucións de accesibilidade baseadas en dispositivos móbiles, que desta volta ten contado coa colaboración da Xunta a través dunha achega de case 4.000 euros do programa O teu Xacobeo.