DUVI | A divulgación científica tomará de novo os bares, logo de dous anos de parón por causa da pandemia, na sétima edición de Pint of Science, que se celebrará entre os días 9 ao 11 de maio. Vigo será unha das 44 cidades españolas nas que durante tres días as e os científicos achegarán de xeito sinxelo e accesible os seus coñecementos ao público, a través dunha iniciativa nacida en 2013 no Imperial College de Londres e que en España acada este ano a súa sétima edición.