Hoxe a UCC+I estrea unha nova serie de podcasts con motivo do Día Mundial da Meteoroloxía (23 de marzo). Trátase duna serie de entrevistas con investigadores e investigadoras da Centro de Investigación Marítima (CIM-UVigo) da Universidade de Vigo.
Esta acción supón a continuación do noso plan anual de actividades 22-23 “Ciencia de Ida e Volta” que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación.
Os seis protagonistas da serie son Gabriel Rosón catedrático do Departamento de Física Aplicada e Ramiro Varela profesor titular do Departamento de Física Aplicada, ambos investigadores do Grupo de Oceanografía Física (Gofuvi). O investigador Gianluca Marino e Ana Bernabeu, catedrática do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental e Diego Fernández e Rubén Varela, docentes do Departamento de Física Aplicada e investigadores do Grupo Ephyslab.
Elixe a túa plataforma preferida na seguinte ligazón e dálle ao play!