Poderías explicar a túa tese de doutoramento en 20 tuits?

DUVI | Por terceiro ano, Crue Universidades Española, en colaboración coa Red de Divulgación e Cultura Científica (RedDivulga) da sectorial Crue I+D+i, lanza unha nova edición do concurso Tu tesis doctoral en un hilo de Twitter: HiloTesis, co obxectivo de promover o desenvolvemento de habilidades de comunicación e divulgación científica entre o estudantado de doutoramento e recentes doutores e doutoras das universidades que forman parte da Crue.