Pontevedra conta cun 44% máis de postos de traballo que afiliados á Seguridade Social residentes na cidade

DUVI Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), en Pontevedra residen 30.652 traballadores e traballadoras en activo afiliados á Seguridade Social, unha cifra un 44% inferior ao número de afiliados e afiliadas que teñen o seu posto de traballo no municipio. Este é un dos principais datos achegados no primeiro avance do informe sobre a situación laboral no municipio que o grupo G4Plus elabora para o Concello de Pontevedra.