DUVI | Por segundo ano consecutivo a Universidade de Vigo é unha das tres finalistas de Vodafone Campus Lab, un programa de formación online onde estudantes universitarios de diferentes disciplinas traballan en equipo para crear solucións a retos de innovación. Nesta ocasión a participación viguesa chega da man de Somos Opopona, seis alumnos e unha alumna dos graos de enxeñaría en Tecnoloxías de Telecomunicación e Organización Industrial que compiten no concurso cunha aplicación de móbil dirixida a asistir a persoas con discapacidade visual en aeroportos.