DUVI | Os profesores do Departamento de Matemáticas da Universidade de Vigo Nicanor Alonso e Miguel Mirás son os novos gañadores do Premio Europeo de Divulgación Científica ‘Estudi General’, convocado pola Universitat de València e o Concello de Alzira, en colaboración coa editorial Bromera. Dotado con 12.000 euros “probablemente o de maior contía deste tipo en España”, tal e como explican os propios docentes, recibiron o galardón como autores do libro Alicia e Benito contra Eva. Un percorrido polos segredos da criptografía.
