Preto de 800 escolares de Vigo e Pontevedra achéganse ás aplicacións das matemáticas na vida cotiá

DUVI | Preto de 800 alumnos e alumnas de doce colexios de Vigo e de tres de Pontevedra participan o longo do presente curso nun proxecto dirixido a estimular as “vocacións matemáticas” dos nenos e nenas de primaria e a amosarlles as múltiples aplicacións desta ciencia na vida cotiá. A través dos talleres que o estudantado da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte imparte nestes 15 colexios e dunha serie de encontros con investigadoras e investigadores, Te lo cuentan las matemáticas busca rachar coa percepción desta ciencia como algo desconectado da vida cotiá e cun modelo de aprendizaxe baseado na aplicación de regras de forma mecánica.