DUVI | Os problemas relacionados co medio ambiente e o cambio climático centraron este mércores a presentación de proxectos da vixésima edición do Congreso de Traballos Colaborativos, unha experiencia na que alumnas e alumnos de distintos graos traballan conxuntamente no desenvolvemento de proxectos innovadores nos que, ao igual que acontece na realidade laboral, interveñen persoas de moi distintos perfís profesionais.