Vídeo | Que facemos? Laboratorio de Neurociencia

Portada Que facemos? Laboratorio Neurociencia

Preguntácheste algunha vez se é posible saber como afecta un fármaco a diferentes enfermidades antes de que alguén o tome? No Laboratorio de Neurociencia da Universidade de Vigo investigan como inciden nas neuronas determinados medicamentos e, polo tanto, o seu traballo permítelle a un médico ou médica explicar aos pacientes o efecto de ditos fármacos nas súas patoloxías. O seu traballo é fundamental para o desenvolvemento de novas menciñas, que se poden usar tanto no tratamento do alzhéimer como en calquera outra enfermidade neurodexenerativa. Queres saber máis?