DUVI | O programa Café con Sal celebrou este martes unha nova sesión na que Ángel Pérez Diz, profesor titular da Universidade de Vigo e investigador do Grupo de Xenética de Poboacións e Citoxenética (XB2, CIM), presentou o relatorio Herdanza biparental do ADN mitocondrial en humanos: que nos puede achegar a investigación con mexillóns mariños? O docente da UVigo achegou ás persoas asistentes as principais conclusións dun recente e controvertido estudo sobre a herdanza do ADN mitocondrial (mtDNA) en humanos e a súa relación co coñecemento actual sobre a herdanza dobre uniparental (DUI) do ADNmt (ADN mitocondrial) en mexillón, ademais de realizar unha breve descrición dos obxectivos xerais do proxecto Mitogenómica y mitoproteómica de mejillones marinos con herencia uniparental doble del ADN mitocondrial y diferente trasfondo genético, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, e no que traballa o grupo XB2 nas instalacións da Ecimat.
Que pode achegar a investigación con mexillóns mariños á herdanza biparental do ADN mitocondrial en humanos?
