‘Quero ser investigadora 4’

Para avanzar é imprescindible que as mulleres participen nos diferentes ámbitos de investigación

Nesta nova edición do catálogo Quero ser investigadora queremos seguir destacando o relevante traballo levado a cabo polas investigadoras da Universidade de Vigo, e espertar vocacións científicas entre os máis cativos e cativas.

Agardamos que gocedes da lectura destas dez historias, de dez nenas, dez mulleres que decidiron dedicarse ao que máis lles gusta para tratar de mellorar a sociedade.

Nesta páxina poderedes acceder á versión dixital do catálogo Quero ser investigadora 4, que se acompaña dunha guía didáctica dispoñible para a súa descarga. Trátase dunha proposta de actividades coa que a Unidade de Cultura Científica e da Innovación pretende axudar ao persoal docente que desexe integrar o catálogo nas súas clases. Tamén podes atopar contidos gamificados coa ferramenta Genially para complementar as actividades.

Accede á versión dixital do libro Quero ser investigadora 4

Accede á guía didáctica do libro Quero ser investigadora 4

> Accede ás actividades gamificadas do libro Quero ser investigadora 4

Anímate a enviarnos fotos, vídeos etc., ao enderezo electrónico ucc@uvigo.gal (sen que teña que aparecer o propio alumnado) para poder recoller o traballo realizado con este material nas vosas aulas.

Esta iniciativa forma parte do noso plan Ciencia de Ida e Volta, financiado coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y Tecnología (FECYT) del Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

Edicións anteriores da colección: