Na súa quinta edición, o catálogo Quero ser investigadora renóvase cun formato máis próximo e directo, recollendo conversas en primeira persoa con investigadoras da Universidade de Vigo. Unha achegamento ás historias de mulleres que con paixón polo coñecemento trazan un mapa de referentes cercanos para as que veñen detrás.

Estas páxinas non so celebran os seus logros, senón que tamén nos invitan a mirar de cerca, a recoñecelas na pel de maestras, nais, compañeiras, veciñas e a entender que o futuro da ciencia se escribe con nomes propios, con historias que merecen ser contadas.

Guía didáctica

Nesta páxina poderedes acceder á versión dixital do catálogo Quero ser investigadora 5, que se acompaña dunha guía didáctica dispoñible para a súa descarga. Trátase dunha proposta de actividades coa que a Unidade de Cultura Científica e da Innovación pretende axudar ao persoal docente que desexe integrar o catálogo nas súas clases.

Novas versións do catálogo

Desta volta, tamén podedes atopar contidos gamificados para complementar as actividades, así como as versións dos capítulos en lectura fácil ou en audiolibros para achegarnos dun xeito máis inclusivo a estas ás historias das dez protagonistas deste ano.

Actividade 1 – Verdadeiro ou falso? | Quero ser investigadora 5  
 
Actividade 2 – QUIZ | Quero ser investigadora 5  

QSI5 en lectura fácil

Audiolibro

Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias. Un novo soporte que complementa a publicación escrita e que nace para reforzar o compromiso da Universidade de Vigo cunha divulgación científica accesible, inclusiva e próxima.