Redeiras empápase de ciencia mariña e arte

Scientists meet Artists

DUVI | Xurdido en pleno confinamento para atender a demanda das familias que buscaban en internet material didáctico, como láminas para colorear, para as nenas e os nenos, o proxecto Scientists meet Artistspresenta esta tarde á sociedade o material elaborado ao longo dun ano, desta volta en forma de calendario para o 2022. Unha ducia de científicos e científicas do Campus do Mar, pertencentes ás universidades de Santiago, Minho e Vigo e ao Instituto Español de Oceanografía, xunto con outros tantos artistas crearon man a man 12 láminas interactivas sobre o medio mariño destinadas a nenos e nenas e ás súas familias, nas que ciencia e arte se mesturan para achegar á sociedade o medio mariño e os seus segredos.