DUVI | Esta semana regresan ás cidades de Vigo e Pontevedra as charlas do alumnado do Programa Universitario de Maiores que participa no ciclo Embaixadores e embaixadoras da ciencia e do coñecemento, unha iniciativa que converte a estas alumnas e alumnos en divulgadores por un día, achegando o seu coñecemento a un público non especializado, cunha idade e inquedanzas similares as súas. O programa arrancará este mércores no bar Cañaveral, na praza da Porta do Sol da cidade olívica ás 18.30 horas, e continuará o xoves en Pontevedra, na cafetería La Gramola, na praza de Méndez Núñez, ás 18.00 horas.
Enmarcado dentro do plan anual Ciencia de ida e volta da UCC+i da Universidade de Vigo, financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.