Respostas do persoal investigador ante as dúbidas xeradas pola crise do coronavirus

La Universidad Responde. Especial coronavirus

Con motivo da situación que estamos vivindo por mor da pandemia do coronavirus, a CRUE (Conferencia de Reitores de Universidades Españolas) decidiu ofrecer á poboación en xeral respostas por parte da comunidade investigadora a diferentes cuestións que aparecen ante esta situación de crise xerada polo virus COVID-19. Concretamente, animouse a varias universidades españolas a participar nun  especial coronavirus do espazo “La  Universidad Responde”, que cada curso se emitía dentro do programa “La aventura del saber” de La 2 de TVE.

A Universidade de Vigo colabora na iniciativa ofrecendo diferentes visións de aspectos relacionados coa crise desde o ámbito socio-económico, psicolóxico ou sociolóxico. Así, están dispoñibles as seguintes gravacións:

A través da listaxe de reproducción de UVigo TV poderedes ver non só os capítulos da Universidade de Vigo, senón tamén os do resto de universidades participantes e así entender mellor o que está sucedendo a día de hoxe nas nosas vidas e reflexionar sobre moitos dos aspectos que desde a comunidade investigadora se están estudando.